CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Pontevedra como sospeitoso de agredir a súa ex-parella na rúa

Publicado o 03/01/2018 21:29

A policía detivo un home de 36 anos en Pontevedra acusado de agredir a súa ex-parella en plena rúa. O fillo da muller escoitou os berros da súa nai desde a casa, en Arcebispo Malvar, e baixou de inmediato para axudala. Para cando chegou, o agresor xa lle pegara varios golpes á muller na cara, ademais de insultala a berros. A polícía arrestou o agresor e púxoo a disposición da xustiza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018