CRTVG

Buscar

Detido en Pontevedra acusado de violar a súa ex-parella, menor de idade

Publicado o 21/05/2019 18:06

Un mozo de Pontevedra foi detido esta mañá acusado de violación. Está nos calabozos da Policía Nacional, á espera de pasar a disposición xudicial.

A denuncia presentouna a súa ex-parella, menor de idade. Acúsao de forzala a manter relacións sexuais en plena rúa contra a súa vontade.

Tamén en Pontevedra, outro home, duns corenta anos, foi detido onte acusado de violación e malos tratos á súa muller, que presentaba hematomas nos pulsos.







 

Noticias web

21/05/2019