CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Madrid que intentou atacar varios axentes con dúas catanas

Publicado o 03/04/2020 23:42


A Policía Nacional detivo este venres en Moratalaz (Madrid) un home que afirmaba estar enfermo de coronavirus pero que ante a chegada da axuda dos axentes tentou agredilos con dúas catanas Unha unidade do Samur-Protección Civil solicitou apoio policial porque chamara un home que dicía estar contaxiado de Covid-19 pero estaba en plena rúa moi agresivo, con posible desequilibrio mental, xa que profería berros como "Eu son Deus" ou "Vanme matar". Cando chegou un operativo policial, este individuo obeso estaba a pasear sen camiseta polo medio da rúa, en pleno estado de alarma, gritando e cunha catana en cada man, tentándoos agredir.

Como non depoñía a súa actitude, chegaron ao lugar axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP), que tiveron que efectuar dous disparos ao aire para tratar de que depuxese a súa actitude. Como tampouco así lograron que soltase os sabres, dun metro de longo cada un, dous coches policiais encerrárono, momento no que arremeteu e danou os dous crustais. Conseguiu escapar pero daquela a patrulla de antidisturbios atrapouno entre outro coche aparcado na rúa, ao que tamén lle golpeou os seus cristais. Finalmente, o resto dos axentes conseguiron deterlle. 

Noticias web

03/04/2020