CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Lugo que se meteu na casa da ex-parella e lle deu unha malleira

Publicado o 10/12/2019 13:59

Foi no barrio lugués de Fontiñas onde un home se coou no domicilio da súa ex-parella. Chamou á porta e como non lle abrían golpeou unha fiestra ata que rompeu o cristal e accedeu por alí ao interior da vivenda. Unha vez dentro, comezou a golpear a muller e tamén a parella actual desta, que tentou defendela. O presunto agresor mesmo chegou a recoller os cristais da fiestra rota e utilizounos para atacar a muller, provocándolle varios cortes de carácter leve.

Tras o ataque, o home fuxiu correndo do lugar, pero dous axentes da Policía Nacional fóra de servizo que paseban pola zona escoitaron os berros e perseguírono ata conseguir retelo.

Xa na comisaría, o detido manifestou que saíra de festa e que ao volver encontrara a parella con outro home. Con todo, a muller desmentiu totalmente esta versión e explicou que había meses que xa non eran parella e que non vivía alí.

Tras escoitar o seu testemuño e comprobar que xa tiña antecedentes por malos tratos e por outros delitos, a xuíza decretou a súa posta en liberdade con cargos e acordou colocarlle unha pulseira de seguimento, para comprobar se se volve achegar á vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019