CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Lugo por ameazar a súa parella, que se tivo pechar nun cuarto por medo a ser agredida

Publicado o 14/01/2020 13:55

Unha luguesa péchase no seu cuarto cun coitelo por medo a ser agredida pola súa parella. A propia muller alertaba da situación a Policía Local. Cando os axentes chegaron ao domicilio, a muller contoulles que, tras unha discusión, o home a agredira, a insultara e a ameazara.

Os axentes procederon á detención do home, duns 49 anos, por un delito de violencia de xénero. O detido xa foi posto a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020