Deteñen un home en Lugo con 300 gramos de cocaína ocultos nun bocadillo
O recheo deste bocadillo tiña sorpresa. Ademais de embutido, os axentes da Policía Nacional descubriron no seu interior nada menos que 330 gramos de cocaína. Estaba na equipaxe de man dun home de 34 anos que levaba tamén pequenas cantidades de marihuana, pastillas e 200 euros en efectivo, ademais dunha bolsa con material de corte. O home foi detido cando chegaba á estación de autobuses de Lugo nun autocar procedente de Barcelona.
Esta detención ten a súa orixe nun operativo que rematara o pasado mes de novembro coa captura de dúas persoas cercanas ao agora detido, propietario dun salón de peiteado no barrio da Milagrosa. Supostamente dedicábnse á venda de drogas. Nese momento o home optou por marchar ao seu país de orixe. Á súa volta a España, a policía organizou un novo operativo ante a sospeita de que transportase droga desde Cataluña a Lugo, que rematou con esta detención.
O Xulgado número 1 de Lugo xa decretou o seu ingreso no cárcere de Bonxe, acusado dun posible delito contra a saúde pública.