CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Carballo ao que lle comisaron un quilo de heroína

Publicado o 22/10/2021 14:16

A Garda Civil de Carballo detivo nas últimas horas un individuo ao que lle comisaron un quilo de heroína. A droga estaba no interior do seu vehículo. O arresto é resultado dunha operación que estaba en marcha dende hai varias semanas. 

O detido pasou xa a disposición xudicial nos xulgados de Carballo. A súa detención producíase este xoves e está relacionada co tráfico de drogas a mediana escala. Segundo a Garda Civil de Carballo, nas últimas semanas constatouse un aumento na venda e no consumo de heroína en puntos concretos da zona urbana.

A investigación deu como resultado a detención desta persoa, cun quilo de heroína no seu poder. A operación continúa aberta, polo que se poderían practicar máis detencións relacionadas con este caso.

Noticias web

22/10/2021