Deteñen un home en Caldas de Reis que transportaba cocaína nunha furgoneta
Publicado o 14/05/2020 14:17
A Policía Nacional detivo un home en Caldas de Reis que transportaba quilo e medio de cocaína nunha furgoneta, no marco da operación Fugaz. Foi interceptado cando circulaba pola Nacional 640 dende Vilagarcía cara á peaxe da autoestrada A-P9.
A operación é o resultado de varios meses de investigación por parte da UDYCO da Policía Nacional de Pontevedra. Os axentes seguían varias persoas que viaxaban desde o norte de Galicia ata a comarca do Salnés, onde adquirían grandes cantidades de cocaína.
O detido ingresou en prisión, a instancias do xulgado de Caldas.