CRTVG

Buscar

Detido en Becerreá por estafar 70.000 euros en traballos de fontanería

Publicado o 01/03/2019 12:26

En Becerreá detiveron un home por estafar preto de 70.000 euros por traballos de fontanería que logo non realizaba. Está acusado dos delitos de estafa e falsidade documental.

Ao parecer, o home presentouse en polo menos dous domicilios da vila para realizar traballos como a instalación de depósitos, tubaxes ou quentadores. Cobraba as obras por adiantado, emitía facturas falsas e desaparecía sen rematar os traballos. Investígase se o detido puido cometer máis estafas na zona. A Garda Civil fai un chamamento aos veciños para que se é así o denuncien.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019