Deteñen un home disfrazado de cabaleiro medieval cando tentaba roubar en Ribeira
Publicado o 26/02/2020 13:16
Un caco quixo empezar o Martes de Entroido tirándolle proveito ao seu disfrace de cabaleiro medieval e acabou apresado pola policía.
O individuo, duns corenta anos de idade, pretendía entrar nunha tenda de electrodomésticos de Ribeira a golpes de pata de cabra. Xa escachara catro vidros da porta e o estrondo espertou a alguén que chamou a policía.
Mobilizáronse efectivos da Local e da Nacional, que o colleron nunha rúa próxima. Estaba previsto que hoxe pasara a disposición xudicial. O detido ten reclamacións de detención por feitos similares noutros lugares.