Deteñen un home de 38 anos como presunto autor dunha agresión a unha muller en Ourense
Publicado o 28/08/2019 20:18

A Policía Local de Ourense detivo un home de 38 anos como presunto autor dunha agresión a unha muller.
Ao parecer, os dous eran coñecidos e estaban no piso dela. A muller apareceu na rúa, espida e cun coitelo na man. Segundo lle dixo á policía, o home atacouna, así que os axentes foron ao piso e detivérono. O xuíz interrogouno e deixouno en liberdade. A ela tiveron que atendela nun centro sanitario.