Deteñen un home como presunto autor dun incendio en Ribeira en agosto
Publicado o 09/09/2021 19:17

Un home foi detido acusado de provocar un incendio forestal que afectou o concello coruñés de Ribeira a finais do pasado mes de agosto. O incendio foi intencionado e orixinouse, supostamente, mediante o uso dun chisqueiro. Trátase dunha persona reincidente e que xa fora arrestada en varias ocasións polo mesmo motivo. As indagacións estiveron a cargo de axentes da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración coa Policía Nacional e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais.