CRTVG

Buscar

Deteñen un home acusado de matar a súa muller a súa filla de tres anos en Esplugues de Llobregat

Publicado o 06/01/2020 14:02

Un home foi detido esta mañá en Esplugues de Llobregat por matar a súa muller e a súa filla de tres anos.

Pouco despois das seis desta mañá axentes dos Mossos d'Esquadra detiñano no domicilio do barrio do centro da localidade barcelonesa. O home, de 27 anos, e de nacionalidade española, está acusado do asasinato da súa parella e da súa filla. A muller tiña 28 anos e a pequena só tres.

Segundo a información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña as dúas faleceron “por morte violenta”. O órgano xudicial confirmou tamén que o presunto responsable do crime está ingresado no hospital porque se autolesionou e que non había antecedentes xudiciais de violencia na parella.

O concello de Esplugues convocou unha concentración de condena este mediodía e decretou tres días de loito. Unha vez pechada a correspondente investigación, este será previsiblemente o primeiro caso da lista de vítimas mortais por violencia de xénero do 2020.

O ano pasado pechouse cun total de 55 mulleres asasinadas polas suas parellas ou exparellas, o que supuxo un repunte de crimes por terceiro ano consecutivo segundo os datos da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/01/2020