CRTVG

Buscar

Deteñen un home acusado de golpear a súa parella e ameazar os Mossos en Barcelona

Publicado o 20/04/2020 15:52

Os Mossos d’Esquadra detiveron un home en Barcelona acusado de golpear a súa parella.

A muller chamou a policía autónoma para denunciar que estaba sendo vítima de violencia machista. Cando chegaron os axentes atoparon o home no portal da casa, moi agresivo e hostil. Chegou a ameazalos cun coitelo de grandes dimensións, pero finalmente os Mossos conseguiron reducilo e detelo.

Ocorreu en plena rúa da Barceloneta, onde os veciños gravaron a detención.

Noticias web

20/04/2020