CRTVG

Buscar

Deteñen un empresario de Sarria por un incendio nunha fábrica de madeira

Publicado o 14/11/2019 12:41

Deteñen un empresario de Sarria como o presunto autor dun incendio nunha fábrica de taboleiros de madeira. O incendio rexistrouse no mes de xullo e danara varias máquinas e o teito da nave.

O detido está á fronte da sociedade propietaria da fábrica que agora teñen en alugueiro. O home, de 80 anos, conta cunha longa traxectoria no sector na madeira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019