CRTVG

Buscar

Deteñen un empregado dun banco en Madrid que estafou máis de 300.000 euros a varios clientes

Publicado o 23/02/2021 08:22
Deteñen un empregado dun banco en Madrid que estafou máis de 300.000 euros a varios clientes

A Policia Nacional detivo un home en Madrid que presuntamente estafou máis de trescentos mil euros a varios clientes do banco en que traballaba.

Unha das vítimas era unha persoa que levaba máis de 20 anos falecida e cuxa conta non fora cancelada nin reclamada por ningún familiar. O detido suplantaba as identidades dos clientes e abría contas en bancas en liña cos seus datos. Os axentes investigan outras nove persoas que puideron colaborar co detido. Nos rexistros interviñéronlle máis de corenta mil euros en efetivo, dezaoito mil iens e dous mil dólares.

 

Noticias web

23/02/2021