CRTVG

Buscar

Deteñen un delincuente habitual tras roubar nunha xoiería de Carballo

Publicado o 02/07/2019 13:25

Contra o mediodía pasou a disposición xudicial un mozo detido en Carballo tras roubar nunha xoiería da localidade. Entrou na tenda ás sete da tarde do luns e interesouse por unha xoia. Cando o propietario lle amosou un mostrario, apoderouse del e saíu fuxindo. Un home que pasaba polo lugar, e o propio xoieiro, conseguiron retelo en plena rúa ata a chegada dunha patrulla da Policía Local. As xoias que intentou roubar están valoradas en dez mil euros. O mozo é un delincuente habitual da localidade que, sen ir máis lonxe, foi identificado o sábado por un furto nun supermercado.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019