CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Deteñen un coruñés tras darlle unha malleira á súa filla

Publicado o 26/06/2015 15:04
A Policía Local da Coruña detivo un home de 39 anos por mallar na súa filla, segundo recolle o atestado, nunha rúa da Coruña. Foi nesta rúa do barrio da Gaiteira. Segundo relatou a propia filla, o pai chamouna de madrugada para que baixara a un bar próximo e nada máis chegar agarrouna polos pelos e abaneouna. Os policías mediaron na liorta ata conseguir reducir o agresor. O home, de 39 anos, foi finalmente detido e posto a disposición xudicial.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí