CRTVG

Buscar

Deteñen un clan familiar en Lugo ao que lle atribúen unha vintena de roubos

Publicado o 18/06/2021 10:55

En Lugo, a Garda Civil detivo un clan familiar ao que se lle atribúen unha vintena de roubos con forza. Hai 13 detidos, con idades entre os 18 e os 40 anos, pero un total de 20 persoas pasaron pola comandancia da Garda Civil para prestar declaración.

Actuaban por toda a provincia e tiñan a súa base de operacións aquí na capital. O seu obxectivo: naves de venda de maquinaria agrícola pero tamén casas deshabitadas. Todos pertencen ao mesmo clan familiar e son vellos coñecidos da polícia, había tempo que lles seguían a pista.

Ao parecer, para cometer os roubos distribuíanse en grupos de catro persoas, un deles era o que facía os labores de vixilancia e espera no exterior. Actuaban de madrugada. Atribúenselles polo menos uns 25 delitos, cun botín que supera os 35.000 euros.

Noticias web

18/06/2021