CRTVG

Buscar

Deteñen un avó en Ourense condenado por abusos sexuais que levaba un ano fuxido

Publicado o 09/10/2020 14:58

Buscábano por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en varias ocasións. A Policía Nacional logrou detelo en Ourense. O arrestado ocultábase nunha aldea da comarca de Trives. Recibía auxilio e soporte loxístico dun amigo e tamén do seu contorno.

Había orde de detención contra el. Fuxira de Pontevedra cando tiña que ingresar no cárcere da Lama por estes feitos. Os axentes descubriron que estaban retirando cartos da súa conta dende unha sucursal bancaria situada en Trives. Rexistraron as súas propiedades e localizaron ao fuxido nunha delas.

Noticias web

09/10/2020