Deteñen un atracador que asaltou unha tenda de Ourense con máscara e lentes de sol
Publicado o 08/07/2020 12:54
A Policía Nacional detivo un home que atracou cun coitelo unha tenda de Ourense. Foi ás doce do mediodía nun establecemento dunha cadea de conxelados no barrio da Ponte.
Había clientes mercando cando un home, que levaba un anaco vixiando fóra, entrou con máscara e lentes de sol e intimidou cun coitelo a empregada.
Apuntouna no costado mentres tentaba coller cartos da caixa rexistradora, a tendeira tiroulle o lector de códigos de barras ata tres veces conseguindo que lle caeran os cartos ao atracador e que desistira e fuxira.