CRTVG

Buscar

Deteñen un ancián de 86 anos tras apuñalar a súa muller de 83 na Rioxa

Publicado o 14/08/2019 20:17
Deteñen un ancián de 86 anos tras apuñalar a súa muller de 83 na Rioxa

A Garda Civil detivo este mércores un ancián de 86 anos na localidade rioxana de Alfaro tras, presuntamente, apuñalar no peito a súa muller de 83 anos, quen se atopa fóra de perigo.

Segundo detallaron fontes da investigación, o matrimonio mantivo unha discusión á primeira hora da mañá, tras a que o marido supostamente asestoulle varias puñaladas á súa esposa no peito e no costado dereito. O home foi detido e posteriormente trasladado ao cuartel da Garda Civil en Alfaro, onde permanecerá as próximas horas mentres se instrúen as dilixencias policiais, antes de pasar a disposición xudicial.

A muller foi trasladada á Fundación Hospital de Calahorra, onde foi atendida polas súas feridas, que non eran de gravidade, e horas despois foi dada de alta. Tras o seu ingreso hospitalario activouse o protocolo por violencia de xénero, para investigar se se trata dun posible caso de violencia machista, agregou o Executivo rexional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019