CRTVG

Buscar

Deteñen seis persoas por tráfico de mulleres, ás que obrigaban a exercer a prostitución en Ourense

Publicado o 22/11/2019 14:13

A operación, denominada Ribereta, comezou no mes de xullo na cidade de Ourense. A investigación do grupo da Brigada de Estranxeiría e fronteiras da Policía Nacional desmantelou unha banda criminal que se dedicaba a traer de Venezuela mulleres novas ás que obrigaban a exercer a prostitución en dous pisos da cidade.

A Policía Nacional detivo en Ourense seis persoas, tres homes e tres mulleres, todos están acusados dos delitos de comercio ilegal de seres humanos e tráfico de mulleres e tamén de pertenza a un grupo criminal. Tíñano todo controlado e organizado para explotar sexualmente as mulleres, obrigadas a pagar deste xeito a débeda por introducilas ilegalmente no país.

Tras declarar no xulgado, as seis persoas detidas ingresaron no cárcere do Pereiro de Aguiar. O sétimo detido, o dono do piso, quedou en liberdade. A investigación segue aberta, buscan unha persoa máis implicada nos feitos e tamén máis mulleres vítimas de explotación sexual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019