CRTVG

Buscar

Deteñen seis persoas en Barcelona polo secuestro dun home hai medio ano

Publicado o 07/10/2021 16:25

En Barcelona, un xuíz mandou a prisión catro dos seis detidos polo presunto secuestro dun home. Os arrestados abordaron a vítima cando entraba na súa casa en Tarrasa e levárono pola forza a un piso en Barcelona.

Desde alí pedíronlle un rescate de 20.000 euros á familia. Tras serlles entregados os cartos, deixaron en liberdade o secuestrado, pero pediron un segundo rescate de 40.000 euros.

Unha vez fóra, a vítima denunciou a súa retención na policía, que iniciou unha investigación que, case medio ano despois, deu cos secuestradores.

Noticias web

07/10/2021