CRTVG

Buscar

Deteñen os pais dun bebé que ingresou con lesións e cocaína no sangue en Mallorca

Publicado o 06/12/2018 15:21

En Palma de Mallorca, a policía detivo os pais dun bebé dun mes que ingresou no hospital con sinais de ser maltratado e con trazas de cocaína no sangue. A nai do pequeno foi detida o mesmo día no hospital e o pai, ao día seguinte. A parella quedou en liberdade cunha orde de afastamento e o Servizo de Menores do Goberno balear fíxose cargo da criatura. O pequeno evoluciona favorablemente das lesións sufridas ao ser zarandeado violentamente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018