CRTVG

Buscar

Deteñen o suposto autor dun roubo a un ancián de Cospeito ao que lle levaron 6.000 euros

Publicado o 22/08/2019 14:30

Respira hoxe máis tranquilo o veciño de Cospeito ao que dúas persoas lle roubaron os aforros que gardaba na cociña. O presunto autor foi detido pola Garda Civil. A vítima lembra o medo que pasou cando dúas persoas o sorprenderon cando ía entrar na casa. Ocorreu no Nadal, ao serán, con moi pouca luz.

Non o mancaron pero recoñece que pasou moito medo. Leváronlle os cartos que tiña aforrados e que ía gardando nunha caixa que hoxe xa non contén máis que documentos do banco.

Desde entón os cartos lévaos ao banco, para evitar desgustos. Desde o primeiro momento este home, de 79 anos e que vivé só, sospeitaba quen podería ser o autor do roubo.

Teme que os cartos non os vai recuperar, pero polo menos pide non volver vivir unha situación semellante. O presunto autor do roubo é un veciño da vila, de 48 anos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019