CRTVG

Buscar

Deteñen o suposto autor do acoitelamento mortal dun home en Guipúscoa

Publicado o 11/05/2019 15:01

Deteñen un home como sospeitoso dun acoitelamento mortal esta madrugada nunha rúa de Elgóibar, en Guipúscoa.

O homicidio supostamente produciuse sobre as cinco da mañá cando, por causas que se están a investigar, a vítima, de 36 anos, e unha muller que o acompañaba, de 37, foron agredidos. O home faleceu por feridas de arma branca mentres que a muller resultou ferida leve. A ertzainza localizou e detivo o sospeitoso horas despois, un varón de 35 anos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019