CRTVG

Buscar

Deteñen o sospeitoso de agredir dous menores ourensáns cun puño americano

Publicado o 21/09/2021 18:38
Deteñen o sospeitoso de agredir dous menores ourensáns cun puño americano

Detido no Carballiño o presunto responsable de lles causar lesións cun puño americano a dous menores de Ourense, o pasado 22 de agosto.

Trátase dun mozo de 23 anos, ao que se lle imputan dous delitos de lesións e outro de tenza de arma prohibida. Segundo as investigacións realizadas pola Policía Nacional, na pelexa, que tivo lugar de madrugada na praza ourensá do Trigo, na zona vella da cidade, participaron ao redor de 20 persoas, armadas con paus e botellas, ademais do puño americano. Tamén identificaron os axentes o responsable doutra agresión con fractura de mandíbula, a mesma noite, pero noutra zona da cidade.




 

Noticias web

21/09/2021