CRTVG

Buscar

Deteñen o presunto autor dunha violación a unha rapaza de 14 anos en Alxeciras

Publicado o 07/01/2019 08:24

A Policía Nacional detivo en Alxeciras o presunto autor dunha agresión sexual a unha adolescente de 14 anos. Os axentes recibiron unha chamada alertando da violación nunha zona de ocio nocturno onde habitualmente se fai botellón. A vítima manifestou que un mozo de 18 anos ao que coñecía, ameazouna e levouna a un lugar afastado, onde consumou a agresión. A rapaza, que foi trasladada ao hospital, indicou que dous amigos do detido foron testemuñas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019