CRTVG

Buscar

Deteñen o mozo de Lugo que estampara o seu coche na Ronda da Muralla

Publicado o 10/10/2019 16:27

Este mozo de Lugo, o condutor que hai menos de dous meses protagonizou un espectacular accidente na Ronda da Muralla foi detido de novo. O home, que ten numerosos antecedentes por deversos feitos, foi detido de madrugada na zona de copas da cidade. O altercado iniciouse despois de que os porteiros de varios locais lle negasen a entrada.

Cando chegou a Policía Nacional viron de o detido presentaba manchas de sangue na roupa e el mesmo relatou que tivero unha pelexa anterior nun parque da cidade. O mozo estaba moi alterado e acabou insultando e ameazando aos axentes polo que foi detido por un delito de atentado a autoridade.

Agora permanece nos calabozos da Policía Nacional a espera de pasar a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019