CRTVG

Buscar

Detido o ministro de Sanidade boliviano acusado de corrupción na compra de respiradores

Publicado o 21/05/2020 09:31

O ministro de Sanidade de Bolivia, Marcelo Navajas, foi detido pola súa presunta relación nun caso de corrupción na compra duns 500 respiradores a España.

Era material destinado a atención de enfermos críticos de coronavirus. Navajas foi destituído como responsable da Sanidade boliviana.

Os feitos están a ser investigados penal e politicamente. A presidenta transitoria, Jeanine Áñez, comprometeuse a recuperar os máis de dous millóns de dólares xa pagados dunha factura de respiradores que ascendía a cinco millóns de dólares. Este suposto caso de corrupción destapouse o martes, tras coñecerse que o material fora adquirido por case tres veces o seu valor.

Noticias web

21/05/2020