CRTVG

Buscar

Deteñen o home que supostamente matou a súa parella en Esplugues

Publicado o 30/05/2020 18:06


Os Mossos d´Esquadra detiveron en Badalona un home que supostamente matou horas antes a súa muller na localidade barcelonesa de Esplugues de LLobregat. A policía localizou á vítima de 51 anos con signos de violencia este sábado no domicilio que compartía a parella. Tiñan alugada unha habitación no piso que compartían con outros inquilinos. Un deles encontrou o corpo da muller no baño e avisou á policía. A muller tiña ao parecer feridas por arma branca.

A falecida non denunciou unha agresión que sufriu en 2019 e non identificou ao autor das lesións que presentaba. O suposto asasino fuxiu do lugar en metro ata que os axentes o detiveron en Badalona. Os concellos de Esplugues e de Viladecans, de onde era a muller, condenaron o novo crime machista.

Noticias web

30/05/2020