Deteñen o home acusado de regar con sosa cáustica unha muller e a súa filla menor
Publicado o 01/07/2020 11:45

Os Mossos d'Esquadra detiveron este mércores o home acusado de agredir o luns con sosa cáustica a unha muller e a súa filla de 5 anos en Sant Feliu de Guíxols, en Xirona.
Nai e filla ingresaran no hospital Vall d'Hebron de Barcelona con queimaduras graves provocadas por sosa cáustica, segundo indicaron fontes hospitalarias.
O Xulgado de Instrución 3 de Sant Feliu de Guíxols investiga a agresión e xa ditou unha orde de protección para as dúas, segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.