CRTVG

Buscar

Deteñen o fillo do home con enfermidade dexenerativa asasinado en Valencia

Publicado o 19/06/2020 08:58


A Policía Nacional detivo o fillo do discapacitado asasinado en Valencia.
Os investigadores cren que o mozo, de 17 anos, puido axudar a súa nai a agochar o cadáver. O corpo do home, que padecía unha enfermidade dexenerativa, foi localizado enterrado, con sinais de violencia e en descomposición nunha leira da localidade de Godelleta. A muller está detida e é a principal sospeitosa dun crime que puido ter lugar o pasado mes de decembro.


 

Noticias web

19/06/2020