CRTVG

Buscar

Deteñen o dono dun local de ocio en Ourense tras atopar droga nun futbolín

Publicado o 30/12/2019 18:29

A Policía Nacional detén en Ourense un home que, presuntamente, agochaba droga no seu local de ocio.

Nunha inspección, dentro do plan de prevención de consumo e venda polo miúdo, os axentes atoparon no interior do futbolín cocaína, haxix, éxtase en bolsas de plástico. A policía deu tamén con máis de 4.000 euros ocultos en distintos lugares do pub e caixas de Viagra.

O propietario do local, de 52 anos e con tres arrestos anteriores, foi detido por un delito contra a saúde pública, quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial.

Noticias web

30/12/2019