Deteñen na Coruña un home denunciado ata en catro ocasións
Publicado o 20/04/2020 14:18
Tamén na Coruña están a ser xornadas de moita actividade para os axentes da Policía Local. Nas últimas horas identificaron un home nunha céntrica rúa da cidade que xa fora detido o pasado once de abril e con anterioridade denunciado administrativamente ata en catro ocasions. Está acusado dun delito reiterado de desobediencia grave á autoridade polo que xa foi posto a disposición xudicial.
Con esta son xa 737 as persoas sancionadas por desobedecer as normas de confinamento na cidade herculina.