CRTVG

Buscar

Deteñen na Coruña un cidadán belga buscado por asasinato

Publicado o 16/10/2019 11:32

A Garda Civil detivo na Coruña un home de 29 anos acusado de asasinar un cidadán belga en Orihuela o pasado 4 de xullo no garaxe da súa casa.

Os axentes lograron localizalo na Coruña, conducindo o coche que lle roubara á súa vítima, un home de 78 anos. Acúsano dun delito de asasinato, outro de roubo con violencia e dous máis de estafa continuada e omisión do deber de socorro.

En Cáceres detiveron unha muller de 19 anos relacionada co caso. A ela investígana por encubrimento e estafa continuada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019