CRTVG

Buscar

Deteñen na Coruña dous fuxitivos con ordes de busca internacionais

Publicado o 08/09/2021 14:37
Deteñen na Coruña dous fuxitivos con ordes de busca internacionais

A Policía Nacional detivo na Coruña dous fuxitivos buscados internacionalmente. O primeiro fuxitivo tiña unha reclamación xudicial de Venezuela polo asasinato, no ano 2016, dun home a quen secuestrou, trasladou á vivenda dun terceiro e ao que lle reclamou diñeiro para liberalo.

A segunda fuxitiva estaba reclamada polas autoridades de Colombia, acusada de defraudar, tamén en 2016, uns mil oitenta millóns de pesos ao Goberno colombiano, ao que solicitou subvencións para a adquisición de vehículos. Os dous fuxitivos están arestora pendentes de extradición.

Noticias web

08/09/2021