CRTVG

Buscar

Deteñen en Vigo un portugués que raptou a súa filla en Porto

Publicado o 23/07/2019 14:07

Detido un home portugués en Vigo que estaba sendo buscado desde o pasado 12 de maio, cando posiblemente secuestrou a súa filla de 10 anos na casa da súa ex-muller en Braga. O home foi detido esta fin de semana cando pasaba a noite coa súa filla nun hostal da rúa Lepanto, en Vigo. 

Sobre o home de nacionalidade portuguesa pesaba unha orde de detención europea desde o 12 de maio, cando a súa ex-muller presentou unha denuncia en Braga, en Portugal, logo de que o pai aparecera na súa vivenda e introducira a filla de 10 anos nun coche. Máis de dous meses despois, a Policía Nacional deu co seu paradoiro esta fin de semana ao rexistrar o seu nome neste hostal de Vigo, na rúa Lepanto.

O home foi detido por suposto secuestro e a nai da menor desprazouse desde Braga ata Vigo para recollela, pero a entrega demorouse porque a nena se amosou contraria a marchar con ela. O persoal do local viviu con sorpresa a situación.

A nena xa se atopa na súa casa de Braga coa súa nai, mentres que o pai foi entregado ás autoridades policiais no Porto, onde se investiga o caso desde a súa desaparición.
 

Noticias web

23/07/2019