CRTVG

Buscar

Deteñen en Vigo un home acusado de golpear a ex-parella

Publicado o 23/05/2019 12:46

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade de 38 anos, como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena por golpear e acosar telefonicamente a súa ex-parella, da que ten unha orde de afastamento. 

Segundo fontes policiais, a detención produciuse despois de constatar que o home acudira entregar o fillo á súa ex-parella a pesar de ter prohibido achegarse a ela. O home vulnerou a orde de afastamento, tivo contacto coa vítima e ameazouna, empurrouna e golpeouna na cara. Despois chamouna ata 34 veces nunha hora.

O detido está catalogado como de alto risco polos servizos policiais encargados da vixilancia das vítimas de violencia machista.

Noticias web

23/05/2019