CRTVG

Buscar

Deteñen en Suíza o suposto autor do crime machista da súa parella en Valencia

Publicado o 03/09/2020 15:10

A policía detivo en Suíza o sospeitoso do asasinato dunha muller que apareceu morta en Valencia no maleteiro do seu coche.
O cadáver foi atopado a semana pasada, con signos de violencia, e o noivo da vítima estaba en paradoiro descoñecido desde entón. As pescudas policiais seguíronlle a pista e localizárono na estación de tren de Xenebra, cando se dispoñía a abandonar o país alpino.

Noticias web

03/09/2020