CRTVG

Buscar

Deteñen en Portugal un anarquista galego reclamado por varios delitos

Publicado o 28/01/2020 12:04
Deteñen en Portugal un anarquista galego reclamado por varios delitos

Detido en Portugal o anarquista vigués Gabriel Pombo da Silva. O arresto produciuse en MonÇao nunha acción conxunta das policías española, portuguesa e italina. Pombo ten 54 anos. Cumpriu xa 30 de cadea por un delito de homicidio. E fuxíu en 2013 cando o condenaron a 14 anos de prisión por secuestro e roubo a man armada a bancos. Durante o tempo que estivo fuxido, Pombo non deixou de publicar escritos na web do movemento anarquista insurrecional defendendo as accións armadas.

A policía portuguesa detivo na localidade de Monçao a Gabriel Pombo da Silva, de 52 anos, e vinculado co movemento anarquista insurrecional reclamado polas autoridades pola súa participación en varios delitos, entre eles o de homicidio, polos que acumula unha condena de 30 anos.

Segundo informa a Policía Nacional, a detención executouse en virtude dunha orde europea de detención e entrega emitida por España o pasado ano pola súa suposta participación nos delitos de homicidio, tenza ilícita de armas e explosivos, secuestro, roubo con forza, roubo con violencia, tráfico de drogas, extorsión e simulación de delito.

Foi a mediados de 2019 cando os investigadores da Comisaría Xeral de Información puxéronse tras a pista deste home ao pasar á clandestinidade e fuxir da acción da xustiza.

En principio sospeitouse que puidese atoparse oculto en Italia, onde, presuntamente, está vinculado co terrorismo anarquista da FAI/FRI, polo que se solicitou a colaboración a este país e conseguiuse que se ditase unha orde europea de detención.

O resultado da colaboración coa policía italiana determinou que o agora arrestado se atopaba na zona fronteiriza de España e Portugal.

Con esta información, a Policía Judiciária de Portugal detivo o home na localidade de Monçao para, posteriormente, pasar a disposición xudicial en Guimarães, que ditou o seu ingresou en prisión preventiva á espera da decisión que este tribunal adopte sobre a súa entrega a España.

A policía destaca o amplo historial delituoso do detido, que en 2004 fuxiu dun cárcere en España e que posteriormente foi detido en Alemaña tras un enfrontamento coa policía xermana.

Tras cumprir condena neste país, foi entregado a España. Obtivo a liberdade, aínda que tiña pendente varias causas, e foi cando pasou á clandestinidade.

A pesar de evadir a acción da xustiza, o reclamado non cesou de publicar escritos e manifestos en web do movemento anarquista insurrecional nos que se declaraba como un dos seus líderes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí