CRTVG

Buscar

Deteñen en Ourense tres homes acusados de roubo e violación

Publicado o 02/02/2017 20:35

Están acusados de roubar e agredir sexualmente un mozo nun coche ás beiras do río Miño

A Policía Nacional detén en Ourense tres homes acusados de roubar e agredir sexualmente un mozo nun coche ás beiras do río Miño. Supostamente enganaban as vítimas ofertándolles móbiles e cando quedaban con eles para mercalos estes ameazábanos para roubarlles o que levaban enriba.

A comisaría da Policía Nacional de Ourense chegou o 25 de xaneiro un mozo denunciando que lle acababan de roubar os cartos e o móbil ameazándoo cun coitelo, e o peor, que o violaron nun coche en Mende. As investigacións levaron os axentes a deter os presuntos autores, tres homes, dous naturais de Romanía e un de Marrocos. 

"Os tres son autores dun delito de agresión sexual, aínda que un deles é o autor material pero os demais tamén debido a que están no lugar e non impiden o feito e lévase a cabo estando eles presentes".

Tiñan unha presunta trama montada. Enganaban as súas vítimas ofertándolles teléfonos móbiles e reloxos e quedaban nun lugar apartado para facer a transacción comercial alí supostamente os ameazaban para quitarlles o que levaban enriba. 

"Cuando se encontraban coa vítima a cal recollían nun vehículo era trasladada a un lugar descampado e alí unha vez que se facía a transacción non era real, non existían estes móbiles pero si que é verdade que se garantía que as persoas vítimas levasen un diñeiro porque era o que era destinado para compralos entón neste momento era cando eran intimidados cun coitelo ou doutras maneiras para que lles entregasen o diñeiro, o seu móbil propio ou outras pertenzas de valor e así facerse con todo o que tiña".

A Policía Nacional interviulles 1.240 euros en metálico, un móbil de alta gama e un vehículo.Os tres arrestados tiñan antecedentes policiais, un chegou a estar detido en 18 ocasións. Este e o outro compatriota de Romanía xa entraron no cárcere do Pereiro de Aguiar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/02/2017