CRTVG

Buscar

Ante o xuíz o home detido en Ourense por unha agresión machista en Vigo

Publicado o 18/04/2019 05:26

Está previsto que hoxe pase a disposición xudicial o sexaxenario ó que a Policía buscaba desde o martes por unha agresión machista en Vigo e que foi detido na estación de tren de Ourense; así o confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Foi un vixilante de seguridade da estación quen viu o coche do presunto agresor e o identificou. Axentes da Policía Nacional prendérono e levárono á comisaria. Estábano buscando como suposto autor da agresión á súa parella, de 40 anos e natural de Angola, que permanece ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro en estado grave, segundo as últimas informacións. Ao parecer recibíu un forte golpe na cabeza e perdeu moito sangue. Foi o fillo da muller, de 11 anos, o que deu a voz de alarma ao escoitar os berros da súa nai. Unha veciña acudíu na súa axuda.

Non hai constancia de denuncias por malos tratos. As autoridades lémbranlles que teñen un número de teléfono para denunciar: o 016.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019