CRTVG

Buscar

Deteñen en Orihuela unha muller por abandonar a súa filla acabada de nacer nun portal

Publicado o 27/01/2020 10:37

A policía detivo en Orihuela unha muller que abandonou nun portal a súa filla acabada de nacer.
A detida, que xa tiña catro fillas, ocultou o seu embarazo e deu a luz a soas no cuarto de baño. Ante a súa mala situación económica, e descoñecendo os trámites necesarios para entregar a nena en adopción, decidiu deixala nun portal para que alguén a atopase. Foi un veciño que volvía de pasear o can quen a atopou e deu aviso. A nena encóntrase en perfecto estado de saúde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020