CRTVG

Buscar

Deteñen en Nicaragua un cento de persoas, entre elas un ex-ministro

Publicado o 17/03/2019 13:35

A policía de Nicaragua detivo 107 manifestantes, nunha carga previa a unha manifestación antigobernamental. Entre os detidos figuran xornalistas, líderes opositores, unha ex-guerrilleira sandinista e o ex-ministro de Educación Humberto Belli. Segundo fontes da propia policía, foron liberados horas máis tarde.

As detencións fixéronse ao comezo dunha marcha convocada pola opositora Unidade Nacional Azul e Branco, contraria ao presidente Daniel Ortega. Na carga participaron persoas vestidas de civís que estaban entre os grupos que ían sumarse á manifestación.
 

Noticias web

17/03/2019