CRTVG

Buscar

Deteñen en Mos un condutor bébedo, sen carné, sen seguro e sen ITV

Publicado o 16/05/2018 14:26

A Policía Local de Mos identificou un condutor que circulaba pola localidade cunha taxa de alcol tres veces superior á permitida.

Foi interceptado cando ía detrás do vehículo policial. Os axentes decatáronse de que o coche daba bandazos e parárono. Cando lle realizaron a proba de alcolemia, comprobaron que triplicaba a taxa de alcol. Ademais o home conducía sen carné, sen seguro e sen ITV. Por este motivo iniciouse contra el un procedemento penal por dous delitos contra a seguridade viaria, e o coche foi trasladado ao depósito municipal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018