CRTVG

Buscar

Deteñen en Mallorca un francés por unha suposta violación na praia de Magaluf

Publicado o 09/08/2019 16:21

Semella unha epidemia: en Mallorca outro mozo de nacionalidade francesa foi detido o xoves por unha suposta violación na praia de Magaluf a unha turista británica. Segundo a rapaza, coñecéronse nun hotel, foron tomar unha copa e na praia o mozo empezou a gravar o acto sexual co móbil para unha rede social e ameazou con afogala.

O suposto violador nega a agresión e di que só acendeu a lanterna do teléfono. Nesa zona de copas abundan as denuncias por violación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019