CRTVG

Buscar

Deteñen en Madrid un sicario buscado en Colombia por máis de cen asasinatos

Publicado o 28/05/2021 18:56

Deteñen en Madrid un sicario colombiano acusado de cen asasinatos no seu país. Entre eles, o da súa sogra. Alcúmano o Nene e no seu país considérano o cabeza dunha organización criminal internacional coñecida como La Cordillera. Tamén dirixe operacións de narcotráfico a grande escala. O sicario entrou en España en 2015, supostamente coa intención de montar varias sucursais da súa organización en Europa. O arresto foi posible grazas á colaboración entre a Policía Nacional, axentes colombianos e a Interpol.

Noticias web

28/05/2021