CRTVG

Buscar

Deteñen en Estepona un home tras o asasinato da súa muller

Publicado o 10/03/2019 21:18

Dor e consternación en Estepona, Málaga, polo outro crime machista rexistrado en España nas últimas 24 horas.  Onte á noite unha muller era asasinada de varias coiteladas na sua vivenda e en presenza do seu fillo de 15 anos.  A terceira vítima mortal da violencia machista desde o venres en España é unha muller de 58 anos.

A policía detivo o marido que permanece ingresado nun centro hospitalario tras autolesionarse. Veciños e familiares da vítima amosaron esta tarde a súa repulsa polo crime machista.

Ducias de persoas expresaron esta tarde a súa repulsa polo asasinato machista acontecido onte á noite en Estepona, Málaga. Autoridades e veciños concentráronse ante a antiga sede consistorial e gardaron un minuto de silencio en recordo da vítima.

A muller asasinada tiña 58 anos. Foi acoitelada en diferentes partes do corpo, entre elas peito e abdome. Un veciño deu a voz de alarma. Cando chegou a Policía, a muller estaba xa sen vida e presentaba feridas por arma branca. Non constaban denuncias previas por malos tratos.

 

 

 

Noticias web

10/03/2019